Fantástica formación a recibida polos socios da SGHN!

A tarde do pasado venres 19, fomos quen de coñecer no Museo de Historia Natural algunhas das técnicas de mostraxe para morcegos.
O obradoiro, impartido por parte de Drosera dentro do seu proxecto “Achégate aos morcegos“, consistíu nunha actividade dirixida exclusivamente aos socios da SGHN na que aprendimos o uso e gravación con detectores de ultrasóns pasivos, co fin de coñecer a diversidade de especies de morcegos na provincia coruñesa.

O Museo da SGHN participará neste interesante proxecto de Ciencia Cidadá, achegando os datos que poida obter. Coma sempre, estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego.