Lume contra o lume, unha idea nada novidosa

O artigo ¿Y si la solución a los incendios forestales fuese más fuego? publicado hoxe no Faro de Vigo salienta que unha publicación de profesores da Universidade de Vigo plantexa “as queimas programadas e masivas como solución contra os incendios forestais”.

Unha “solución” semellante xa a propuso hai tres anos (12/08/2017) Alejandro García Hernández nas páxinas de El País, asegurando que “as queimas prescritas e o ‘pastoreo’ dos incendios son unha ferramenta sensata e eficiente” para loitar contra os grandes incendios forestais. Daquela, o Presidente de SGHN e Investigador Científico do CSIC, enviara á Sección de Opinión de El País o artigo Pastorear incendios? Mellor pastorear gando que dende o 28/08/2017 está dispoñible nesta web.