Seguemento da píllara das dunas en Ferrolterra

Seguro que estaban a preguntarse, queridas xentes, que fora daquelas Píllaras das dunas das que tanto falabamos… Pois, ale hop! Eiquí temos a máis avanzada da colleita de Frouxeira e San Xurxo-Esmelle tras pasar a súa primeira revisión “pediátrica”.  Saiban vostedes que corren por Esmelle tres poliños QUE AÍNDA NON PODEN VOAR!! Un niño máis agarda que eclosionen tres ovos e en Frouxeira temos tres niños máis en marcha. Lembren que, a parte da etapa dos ovos, os polos son MOI VULNERABLES, hai que axudalos levando os cans coa correa, ou elixindo outros sitios de paseo.

Aquí deixamos un pequeno vídeo dos coidados para coñecer aos nosos novos veciños: https://youtu.be/gdqb2Yiy4m8
E a ligazón á noticia en La Voz de Galicia e V Televisión.

 

  • Divulga ti tamén!

    RSS
    Facebook
    Facebook
    Twitter
    Instagram