Construción dunha granxa de visóns en A Estrada sen autorización ambiental

ADEGA, FEG, SGO e SGHN denuncian á Fiscalia de Medio Ambiente a construción dunha granxa de visóns en A Estrada sen autorización ambiental

Esta mesma mañán, SGO, ADEGA, SGHN e FEG veñen de denunciar diante da Fiscalía de Medio Ambiente que a empresa Visotenic, S.L. está a desenvolver o proxecto de construción de “Granxa para cría de visón” no lugar de O Arnado, concello de A Estrada (Pontevedra), sen as preceptivas autorizacións ambientias, pois o trámite de información pública do procedemento de avaliación de incidencia ambiental (expediente PO/2014/008) non remata ata mañán.

SGO, ADEGA, SGHN e FEG consideran que os feitos presentados nesta denuncia poderían verse afectados polos artigos 325, 326, 328.2 do Código Penal ao:

  • Contravir as leis e outras disposicións de carácter xeral protectoras do medio ambiente e pode perxudicar gravemente o equilibrio dos sistemas naturais mediante a liberación dunha especie considerada invasora e incluída no Catálogo estatal de especies invasoras.
  • Non ter obtido a preceptiva autorización ou aprobación administrativa das súas instalacións.
  • Falsear ou ocultar información sobre aspectos ambientais.
  • Constituír unha actividade perigosa para os animais ou prantas, no caso de producirse escapes ou liberacións de visón americano dende as instalacións executadas sen a preceptiva autorización ambiental.

Por todo o exposto, SGO, ADEGA, SGHN e FEG solicitaron ao Fiscal de Medio Ambiente:

  • Que admita e teña por presentada denuncia contra VISOTENIC, S.L., aos efectos de apertura de dilixencias de investigación por iniciar as obras do proxecto “Granja para cría de visón” sen a obtención da preceptiva Declaración de Incidencia Ambiental, feito que pode estar infrinxindo as normas de protección do medio ambiente.
  • Que adoite como medida cautelar a paralización das obras de execución das citadas instalacións.

As respostas da Fiscalía de Medio ambiente e do SEPRONA non poderían ser ambientalmente máis decepcionantes. Algo non funciona na conservación do patrimonio natural e non son, precisamente, nin SGHN nin as outras organizacións de defensa ambiental galegas.