Nos últimos días Xulio Valeiras dende Vigo, Ángel Dorrío (Amigos da Terra) dende Ourense e Jesús González dende Santiago mandáronos fotos cunha temática coincidente: o pavimentado dos alcorques das árbores nas rúas. Os tres amantes das árbores que nos escriben están moi preocupados pola desnaturalización e urbanización crecente dos recunchos verdes en rúas, prazas, parques e xardíns. Ás talas ou podas salvaxes de árbores magníficas, únese agora o arrincado de moitos setos que se sustitúen por valados e o pavimentado de zonas antes cubertas por céspede ou, simple e naturalmente, de terra a un “módico” precio de 15-19 euros/m2 de alcorque (só a resina).
Así, a moda de pavimentar os alcorques das árbores exténdese polas rúas das vilas galegas. Nada de terra, algo antigo e suxo.
A “modernidade” chega aos alcorques
Moito mellor, máis moderno e limpo un pavimento de caucho ou de áridos (gravas ou coios) aglomerados cunha resina sintética coa que todo son vantaxes, comezando porque é ” unha protección da vexetación, sobre todo no caso da raíces das árbores … preserva a humidade do chan no verán e conserva a calor do chan no inverno”.
Rúa Nicaragua (Vigo)… …”resina marabillosa” e “rosa Porriño”
E isa só é a primeira das “vantaxes” que a teimuda realidade empéñase en contradicir, como podes comprobar coas seguintes fotos feitas en Santiago.
Os fumadores do bar do lado empéñanse en contradicir que o pavimentado “Supón un aforro de tempo e man de obra no mantemento (poda, rego e retirada de lixo) dos pavimentos de xardín e alcorques” (esquerda). Pola súa banda, os cans seica non leron a publicidade e non saben que “pódese conseguir un acabado con moitas irregularidades, dificultando o tránsito normal de cans ou gatos, … poderase lograr que non se acheguen e evitar malos cheiros”.
Ademais, segundo a publicidade, o pavimentado dos alcorques “limita o crecemento das malas herbas”. A mágoa non é que as herbas medren nos alcorques senón que o produto marabilloso non “limite o crecemento dos malos concelleiros de parques e xardíns”. Fotografías na rúa Sta. Marta de Arriba en Santiago de Compostela, unha zona de beirarrúas “humanizadas” co Plan E.
Con “malas herbas” Con excrementos de can Cheo de colillas