Manifesto contra a Axenda Mineira da Xunta

Máis dun cento de entidades ecoloxistas e sociais rexeitan a Axenda Mineira da Xunta por criminalizar a sociedade civil

  • Esixen á Xunta a retirada do documento porque vulnera os principios de neutralidade e obxectividade da administración, sendo absolutamente tendencioso
  • Denuncian que a estratexia da Xunta fomenta o ‘lawfare’ contra as organizacións sociais e ampara unha campaña descarada de proselitismo e propaganda en centros educativos

Máis de 100 entidades ecoloxistas, veciñais, sindicais, agrarias e do mar veñen de denunciar publicamente a “Axenda de Impulso da Minaría Sostible de Galicia 2030” que lanzou este mes a Xunta de Galicia. Censuran a visión totalmente tendenciosa do documento que criminaliza os colectivos que veñen sacando á luz as ilegalidades do sector mineiro. Para as entidades asinantes, a Axenda evidencia a captura total da Xunta polo lobby mineiro e desacredita a Administración ao vulnerar os principios de neutralidade e obxectividade, polo que esixen a súa retirada inmediata.

Ao longo do documento, noméase repetidamente o “ecoloxismo radical” e o “forte activismo das asociacións ecoloxistas” ou a “utilización da minaría como arma en Galicia” como “ameaza”, mentres se critica a existencia dunha “mobilización social promovida por grupos con intereses moi distintos aos intereses locais e do entorno”, en alusión aos colectivos sociais opostos a determinados proxectos ambientalmente nocivos. Se ben a Axenda indica que para a súa elaboración se mantiveron reunións e entrevistas con representantes de “asociacións ambientalistas”, ningunha das entidades que veñen de censurar o documento participou.

Para os colectivos sociais, a adopción da Axenda Mineira pola Xunta é un ataque frontal ao estado de dereito, pois parte de que a participación social e a cidadanía ambiental activa son unha ameaza para a sociedade. Ao presentar como un problema serio os colectivos ecoloxistas, veciñais, agrarios e do mar que veñen denunciando as ilegalidades das empresas mineiras e da propia Xunta, preténdese claramente socavar a súa lexitimidade e apoio social criminalizándoos.

Pola contra, a Axenda omite o impacto ambiental que causan as mineiras, con ducias de expedientes sancionadores afectando tanto á minaría metálica en casos como os Touro, San Finx, Penouta ou Varilongo como a explotacións de lousa, minerais industriais, caliza ou áridos. Boa parte destas ilegalidades saen á luz e acaban por ser sancionadas precisamente pola denuncia de colectivos sociais, ante a pasividade e cumplicidade da Administración galega, que agora califica estes colectivos como unha grande “ameaza”.

O lanzamento da Axenda e esta criminalización da oposición a determinados proxectos mineiros dase precisamente nun contexto no que tanto as empresas mineiras como o propio lobby veñen utilizando cada vez máis o ‘lawfare’ e as accións estratéxicas contra a participación pública (“SLAPP”, nas súas siglas en inglés) para tentar desmobilizar os colectivos sociais mediante o acoso xudicial. Os colectivos asinantes denuncian este tipo de prácticas utilizadas en casos como os da canteira de Cementos Cosmos en Triacastela, as minas de San Finx e Varilongo ou, recentemente, pola propia Cámara oficial Mineira.

Inxección de fondos públicos e promoción da enxeñaría social

A Axenda desprega un plan meticuloso para influir nas percepcións sociais da minaría, ocultando as súas negatividades e presentando unha imaxe irreal, centrándose sobre todo nas máis cativas. Así, contempla unha “campaña divulgativa nos centros educativos” e a promoción do lavado de cara verde a través do portal de propaganda “Minaría Sostible de Galicia” da Cámara Oficial Mineira. Con estas accións, que tamén inclúen o lanzamento dun “distintivo de sustentabilidade”, a Xunta pretende precisamente desarticular a oposición social procurando silencio frente as ilegalidades do sector.

A estratexia tamén contempla unha inxección de fondos públicos sen precedentes ao lobby mineiro, encabezado pola Cámara Oficial Mineira, e que xa recibiu millóns de euros para accións de lavado de cara verde nos últimos anos. Desde os colectivos asinantes, demandan que, pola contra, estes fondos se dediquen a fortalecer a capacidade e profesionalidade dos distintos servizos de inspección e control do sector mineiro e á restauración das numerosas explotacións abandonadas que supoñen un risco para a saúde das persoas e dos ecosistemas.

Entidades asinantes:

  1. A de Rousmeri
  2. A Jalleira – Asociación forestal e de educación ambiental
  3. A Quenlla
  4. A Rente do Chan-PLADEVER
  5. A Ría Non se Vende
  6. Afectad@s pola Mina de San Acisclo en Muras
  7. Amigas da Terra
  8. Amigas das Árbores de Ourense
  9. Arabías Soc. Cooperativa Galega
  10. Asociación A Lama Vive
  11. Asociación Alarma na Terra de Montes
  12. Asociación Ambiental Contramínate
  13. Asociación Ambiental e Cultural Tralapena
  14. Asociación Amigas das Cegoñas
  15. Asociación APEOM
  16. Asociación Asemblea do Suído
  17. Asociación Avoar
  18. Asociación Axóuxere Editora
  19. Asociación Cheiros NON
  20. Asociación Cívico Cultural Terra de Outes
  21. Asociación Cultural Canle de Lira
  22. Asociación Cultural Bubela de Abuín
  23. Asociación Cultural Charanga Tabernícolas do Leiradal
  24. Asociación Cultural, Deportiva e Cultural Treze Catorze, de Salceda de Caselas
  25. Asociación Cultural Fuco Buxán
  26. Asociación Cultural Liceo Mutante
  27. Asociación Cultural Lucerna
  28. Asociación Cultural Vagalumes da Estrada
  29. Asociación Cultural Unha Gran Burla Negra
  30. Asociación de Afectados polas Canteiras de Budiño
  31. Asociación de Amigos da Dorna Meca
  32. Asociación de Crianza Respetuosa Xoaniñas
  33. Asociación de Defensa Medioambiental Salvemos Monteferro
  34. Asociación de Indignados de Gestoso
  35. Asociación de Productores de Mexillón da Pobra do Caramiñal
  36. Asociación de Productores de Mexillón de Vilaxoán
  37. Asociación de Veciños San Vicente de Niveiro
  38. Asociación Eco-social, Cultural e Medioambiental Boca de Sapo
  39. Asociación Ecoloxista Arco Iris
  40. Asociación Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
  41. Asociación Fixing
  42. Asociación Galega de Consumidores e Usuarios ACOUGA
  43. Asociación Medioambiental e Cultural A Pedra que Fala
  44. Asociación Nove Refachos
  45. Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
  46. Asociacion pola defensa da Ría de Pontevedra (APDR)
  47. Asociación Ridimoas
  48. Asociación Sachos á Rúa
  49. Asociación Touda
  50. Asociación Turístico Comarcal Ría de Muros e Noia
  51. Asociación Veciñal de Lentille
  52. Asociación Veciñal Grixoa de Esternande-Minas de Varilongo
  53. Asociación Verdegaia
  54. Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo
  55. Ateneo Libertario Pontevedra
  56. BerXallas Minaría Destrutiva Non
  57. Brexa, Asociación de Custodia do Territorio
  58. Biblioteca Maravilhas
  59. Central Unitaria de Traballadoras – CUT Galiza
  60. Centro de Saberes para a Sustentabilidade
  61. Centro Social A Gentalha do Pichel
  62. Centro Social A Pedreira
  63. Centro Social Mádia Leva
  64. Centro Social Fuscalho
  65. Colectivo Agrocuir da Ulloa
  66. Colectivo Arroutada
  67. Colectivo ArteLixo
  68. Colectivo Berro Seco na Defensa dos Dereitos e Liberdades
  69. Colectivo Capitán Gosende
  70. Colectivo O Suído
  71. Comisión contra as Minas na Terra Chá
  72. Confederación Nacional do Traballo – CNT Galiza
  73. Confraría de Pescadores de Noia
  74. Confraría de Pescadores de Portosín
  75. Cornado Mina Non
  76. Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
  77. CSA Casa Colorida
  78. Ecoloxistas en Acción
  79. Federación Ecoloxista Galega
  80. Federación Rural Galega (FRUGA)
  81. Fridays for Future Santiago
  82. Fundação Montescola
  83. Greenpeace
  84. Instituto Resiliencia
  85. Movemento Galego polo Clima
  86. Naturgalicia
  87. Organización Galega de Comunidades de Montes
  88. Plademar Muros-Noia
  89. Plataforma anti-minas de Mesía
  90. Plataforma Casalonga limpa de residuos
  91. Plataforma comarcal contra as verteduras da mina de San Fins
  92. Plataforma de Afectados polo Vertedoiro de Miramontes-Santiago
  93. Plataforma de Defensa do Sur da Dorsal Galega
  94. Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA)
  95. Plataforma Galega para a Defensa Animal e da Natureza
  96. Plataforma Oro No
  97. Plataforma pola Defensa do Monte Neme
  98. Plataforma pola Convivencia Ética coa Fauna Silvestre
  99. Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro
  100. Plataforma pola Recuperación do Sar
  101. Plataforma Quixote de Outes
  102. Plataforma SOS Suído-Seixo / Minas Albertas Non
  103. Plataforma Turonio pola Defensa do Territorio
  104. Plataforma Veciñal Mina Touro – O Pino Non
  105. Plataforma Veciñal Si a un Rural Vivo
  106. Rompamfilas Coletivo Antimilitarista
  107. Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo
  108. Salvemos a Comarca de Ordes
  109. Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas
  110. Sinha PACA Plataforma de Activistas Culturais e Artistas
  111. Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)
  112. Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins
  113. SOS Encrobas
  114. Tarabelada Asociación Medioambiental e Cultural
  115. The Foundry
  116. Zuleiro Grupo de Consumo