Nadal 2023: Visitas guiadas no Museo de Historia Natural

Reforzando e potenciando a actividade habitual no Museo de Historia Natural da SGHN en Ferrol, para a que se conta ao longo do ano coa colaboración municipal e se ofrecen visitas guiadas neste mes de decembro contaremos tamén co patrocinio da Deputación da Coruña.

Desta maneira, seguindo coa actividade divulgativa do Museo de Historia Natural, atendemos e ofrecemos visitas guiadas gratuítas na semana do 26 ao 29 de decembro, grazas ao patrocinio da Deputación da Coruña.

O número máximo de participantes é de 20 persoas por grupo e non é precisa inscrición previa (abonda con presentarse no museo pouco antes do horario da quenda que se prefira).

Para solicitar máis información sobre estas visitas, pódese contactar previamente co MHNF no correo electrónico museo@sghn.org ou nos teléfonos 881.931.315 e 698.141.384 no horario habitual de atención ao público.