MUSEUM: Unha exposición fotográfica da SGHN sobre os fondos non visitables do museo

O vindeiro 5 de novembro inaugúrase, no espazo expositivo da Sociedade Galega de Historia Natural en Ferrol, unha exposición fotográfica de Ignacio Marín Lacomba sobre os fondos non visitables do museo que permanecerá aberta ata o vindeiro 5 de decembro  co seguinte horario.

  • De luns a sábados: mañás de 9:30h a 13:30h e tardes de 16:30h a 20:30h.
  • Domingos e festivos : mañás de 10:00h a 14:00h. Tardes pechado

 

Actividade de Mergullo para o vindeiro 7 de novembro de 2015

A actividade, coa que arranca a nova vogalía de mergullo da SGHN-Ferrol, está organizada conxuntamente polo Club do Mar de Ferrol e Sociedade Galega de Historia Natural, é gratuíta, e o principal obxectivo é a concienciación dos danos causados polo chumbo no medio ambiente e sobre todo nos ambientes mariños.

Para poder participar na actividade, será necesario cumprir con todos os requisitos legais para a práctica das actividades subacuáticas: Todos os mergulladores deberán estar en posesión do título, e do seguro para o desenvolvemento de actividades subacuáticas ou ben a licenza federativa que deberán acreditar o día da inmersión. Ver máis información importante…

O prazo para a inscripción remata o vindeiro venres 6 de novembro ata as 16:30h e pode facerse en:

Club do Mar: franciscojoseporteroduran@yahoo.com whatsapp : 696094134 (Paco)
Sociedade Galega de Historia Natural: ferrol@sghn.org whatsapp : 618700078 (Jose)