No verán de 2005 creábase a Delegación de As Mariñas da Sociedade Galega de Historia Natural, con sede en Sada e ámbito de actuación nos concellos da comarca. Para celebrar este décimo aniversario programamos unha serie de actividades, nas que colabora o concello de Sada, que se desenvolverán na Casa da Cultura Pintor Lloréns en Sada.
- Do 13 ao 30 de novembro: Exposición de paneis sobre a zona húmida de As Brañas de Sada.
- Día 13 de novembro, venres, ás 20.00 h conferencia: “Os 40 anos da SGHN estudando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego” por Serafín González Prieto, presidente da SGHN.
- Día 27 de novembro, venres, de 20:00 ata 23:00 horas:
- Conferencia: ” Txingudi: unha zona húmida singular protexida” por Alberto Luengo técnico xestor deste humidal de Gipuzkoa.
- Proxección do Vídeo documental sobre As Brañas de Sada elaborado pola Delegación de As Mariñas da SGHN no 2007. Distribuiranse as novas copias entre os asistentes.
- Mesa redonda: “Accións eficaces de conservación e protección das zonas húmidas” coa intervención de:
- Alberto Luengo: técnico do humidal de Txingudi.
- Liss Becerra: Concelleiro Promoción económica, turismo e medio ambiente de Sada.
- Un representante da Delegación de As Mariñas da SGHN.
- Pablo Ramil: Botánico do IBADER (Instituto de Biodiversidade Agraria-USC).
- Esta mesa pretende a partir da discusión xeral sobre protección de zonas húmidas establecer conclusións aplicables As Brañas de Sada nos vindeiros anos.