Espazo profundo: Nebulosa da Cabeza da Meiga

Entre as constelacions de Orión e Erídano, pero dentro desta última, atópase a Nebulosa da Cabeza da Meiga. É unha nebulosa de reflexión moi grande, remanente dunha antiga supernova. Brilla cunha tonalidade azulada porque reflicte a luz da estrela xigante azul Rigel que se atopa moi próxima. Á súa cor tamén contribúen os grans de pó que a compoñen proque reflicten a luz azul de xeito máis eficiente que a vermella.

Atópase a 1000 anos luz de nós, o seu tamaño é duns 50 anos luz e ten unha magnitude relativa de 13. É demasiado débil, pero pódese situar cun telescopio a 2.6 grados ao oeste de Rigel. É tan débil que non foi descuberta ata 1909, e mediante fotografia, polo astrónomo alemán Max Wolf. Tamén se coñece como IC 2118, NGC 1909 e Cederblad 41.

As observacións de radio revelaron que partes da nebulosa amosan unha emisión significativa de monóxido de carbono. Esto indica que contén nubes moleculares onde se están formando novas estrelas. Como podemos apreciar na foto do noso amigo e magnífico astro-fotógrafo Raúl Villaverde, o seu aspecto aseméllase ao perfil lateral dunha cara de bruxa, cun queixo con acusado prognatismo e un nariz longo e prominente. Pensamos que para estas datas de Samahin é a imaxe máis axeitada que nos ofrece o ceo de outono.

Nebulosa da Cabeza da Meiga
Nebulosa da Cabeza da Meiga