O día 7 de xuño de 2025 foi moi produtivos, pois fixemos dobre celebración: o Día Mundial dos Cirrios e o Día Mundial do Medio Ambiente.
Celebrando o Día Mundial dos Cirrios
Durante o verán en moitos lugares é doado escoitar e ver os cirrios sobre as nosas cabezas, pero poucas veces somos conscientes da complexidade da súa bioloxía e do gran número de factores que inciden na súa conservación.
O que quedou ben claro ao longo da mañá é que os cirrios son especiais para moitas persoas como Laura e Bárbara que comparten a súa paixón por estas aves e son auténticas expertas. Como conta Laura, os cirrios son aerodinámicamente perfectos e están totalmente adaptados á unha vida case completamente aérea: aliméntanse, beben, durmen, aparéanse e mesmo recollen material para o niño no ár pousando únicamente para facer o niño, pór os ovos e criar os polos.



Xunto con estas xeneralidades máis ou menos coñecidas polos asistentes pouco a pouco van xurdindo outras cuestións moito máis interesantes que nos axudan a coñecer con máis profundidade a estes nosos veciños e os problemas aos que se enfrontan cando regresan para criar.
Os cirrios volven aos entornos urbanos para criar entre mediados/finais de abril e agosto, un período moi curto ligado á dispoñibilidade de insectos voadores. Cada ano enfróntanse á perda dos seus lugares de cría por substitución de cubertas, renovación de fachadas, rehabilitación de construcciós, … tampouco sería a primeira vez que morren emparedados mentres están incubando. Esas son as razón polas que nos últimos anos desde os grupos conservacionistas trátase de dar a coñecer este problema, de fomentar a localización dos lugares de nidificación e implicar ás administracións e ós responsables de obras para integrar a conservación na normativa urbanística e nos proxectos de restauración, prevendo a inclusión de espacios aptos para esta especie.
Exemplos cercanos de que esto é posible foi a instalación de caixas niño para cirrios en dous edificios da cidade de Ourense mediante convenio de colaboración entre os propietarios das vivendas e a SGHN … e funcionaron!!!
Ao finalizar a charla explicativa, dirixímonos á colonia da Ponte Romana para observar como os cirrios entraban nos seus niños e vimos bastantes ocos ocupados, tamén nos decatamos de que non se retirara a vexetación da ponte que se prevera para esta tempada e que SGHN solicitou se retrasara ata o final da tempada de cria dos cirrios, un exemplo a seguir e repetir. Con se púxose fin á xornada mantinal disfrutando dos espectáculos de vóo e entrada e saída dos cirrios dos seus niños. Preme aquí para descargar a lista de especies observadas na xornada matinal.


Celebrando o Día Mundial do Medio Ambiente
Para celebrar o Día do Medio Ambiente nada mellor que achegarse ata a Limia, para avaliar o estado dos proxectos en marcha da Sección Antela e seguir disfrutando da observación de diversas especies.


O primeiro foi visitar a Veiga de Gomareite para inaugurar o miradoiro, obra que consistiu na adecuación de parte da acumulación dos mateirais retirados da veiga ao longo destes últimos anos, a preparación do acceso desde a pista e da plataforma de observación e rematando coa construcción dun murete de pedra para pechar a plataforma e limitar o acceso á veiga. O traballo xunto có desbroce da veiga, realizouse con medios propios (económicos e humanos) e con financiación a cargo das subvencións europeas da Rede Natura 2000. Na data desta actividade aínda se conservaba unha boa cantidade de auga nos puntos máis baixos da veiga onde se avistaron varias especies de aves, mentres as vacas cós seus tenreiros seguiron a pastar tranquilamente.


Finalizado o “noso acto institucional” da inauguración, visitáronse as areeiras pasando pola Canle de Antela para valorar o progreso do proxecto nenúfar e o grao de implantación dos exemplares instalados en varios puntos das areeiras. Neste momento, con varias fases do proxecto desenvolvidas, pódese decir que estase a reverter o proceso de reducción paulatina da poboación de nenúfar blanco na Limia a pesar do efecto da predación intensa producida polo caranguexo americano sobre algúns dos exemplares.






çAsí, sen tempo para moito máis, deuse por rematada esta dobre xornada. Moitas grazas a todos, especialmente a esas persoas que có seu compromiso e implicación traballan voluntariamente pola conservación das nosas especies de flora e fauna. Preme aquí para descargar o listado de especies observadas na xornada vespertina.





