Novas técnicas moleculares na paleontoloxía en Galicia

Os primeiros estudos sobre mamíferos fósiles en Galicia centrábanse en identificar as especies e describir os seus trazos morfolóxicos e métricos, comparándoos con outras zonas da Península Ibérica. Porén, estas aproximacións non sempre permitían responder preguntas máis complexas sobre a vida destes animais e a súa relación coa contorna.

A incorporación de técnicas moleculares abriu unha nova perspectiva para a paleontoloxía galega. No Laboratorio de Paleontoloxía Molecular do Instituto Universitario de Xeoloxía da UDC desenvolven liñas de investigación para obter información directa sobre a bioloxía, ecoloxía e historia evolutiva das faunas do pasado:

  • Isótopos estables do coláxeno óseo: permiten reconstruír a dieta e o medio no que viviron os animais, clave para entender a súa resposta ás fluctuacións climáticas do Pleistoceno.
  • ADN antigo: o ADN mitocondrial axuda a estudar liñaxes e bioxeografía; o ADN nuclear permite abordar cuestións máis complexas como a ascendencia, a variabilidade xenética e a hibridación entre especies.

Estas ferramentas permiten pasar da simple identificación e descrición dos fósiles a unha reconstrución máis completa da súa historia vital e evolutiva: como vivían, que comían, que ambientes ocupaban, como se desprazaban e como responderon aos cambios climáticos. Os resultados obtidos cos fósiles de Galicia amosan o potencial da paleontoloxía molecular para achegar novas perspectivas ao coñecemento da evolución das faunas do pasado.

Gloria González Fortes é Doutroa en Bioloxía pola Universidade de Santiago e está especializada na análise xenética de restos antigos. Traballou nas universidades de York (Reino Unido) e Potsdam (Alemaña), onde se formou en tecnoloxías xenómicas para o estudo de restos fósiles. O seu traballo inclúe a análise xenética dos osos das covas de Courel, así como de Elba, a muller galega máis antiga analizado a nivel xenómico. Tamén participou na identificación dos restos de Ricardo III de Inglaterra.

Actualmente traballa na Universidade da Coruña, onde dirixe o laboratorio de ADN antigo xunto a Aurora Grandal d’Anglade. O seu principal proxecto de investigación céntrase na actualidade no lince boreal antigo na Península Ibérica.

  • Título: Novas técnicas moleculares na paleontoloxía en Galicia
  • Día: Venres 2 de outubro de 2026
  • Hora: 19:30
  • Lugar: Auditorio do Museo de Historia Natural de Ferrol
  • Organiza: Delegación de Ferrol da Sociedade Galega de Historia Natural
  • Patrocina: Deputación da Coruña

  • Divulga ti tamén!