Concentración en defensa do Umia

SGHN participou de maneira activa na concentración en defensa do río Umia e en contra do encoro que se realizou no río pola zona da praia fluvial de Cabanelas, en Ribadumia, que se celebrou o domingo día 13 de setembro, coa participación de diferentes entidades ambientalistas, asociacións e partidos políticos.…

Ler máis

Interpretación do medio intermareal na ría de Ares

O vindeiro sábado 12 nas Mirandas (ría de Ares) terá lugar unha actividade de interpretación do medio intermareal organizada pola Delegación de Ferrol da SGHN e subvencionada pola Deputación da Coruña. A saída, cunha duración dunhas 3 horas e para se precisan botas de auga, estará guiada polos biólogos Joam Luis Ferreiro Caramés e Juan Trigo.…

Ler máis

‘Emerxencia cinexética’ outra vez, e van seis

Segundo a RAG, unha emerxencia é “unha situación sobrevida, de carácter inesperado, que afecta en menor ou maior grao a seguranza das persoas, dos bens ou do medio ambiente”. A situación de partida (danos ocasionados polo porco bravo), hoxe por hoxe, dista moito de ser unha emerxencia pois ao longo…

Ler máis

  • Divulga ti tamén!