O ceo en abril de 2020

Efemérides

  • Día 1: Ás 10:210 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 4: Venus e as Pleiades moi próximos.
  • Día 5: En 1973 lanzouse a sonda Pioneer 11, na actualidade atopase na constelación do Escudo, a 15.363.700.000 quilómetros do Sol viaxa a 11,3 quilómetros por segundo e non emite desde 1995.
  • Día 8: Ás 02:35 h Lúa Chéa.
  • Día 10: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 11: Ás 06:10 h Lúa Chéa.
  • Día 12: Aniversario da saída do primeiro ser humano ao espazo, o ruso Yuri Gagarin (1961).
  • Día 14: Ás 22:56 h a Lúa en Cuarto Minguante. A Lúa e Xúpiter moi próximos.
  • Día 15: A Lúa e Saturno moi próximos.
  • Día 22: Ás 02:26 h Lúa Nova. Choiva de meteoros Líridas, actividade desde o 16 ao 25, cun máximo de 18 por hora o día 22, radiante en Lira.
  • Día 23: Choiva de meteoros Pi-Pupidas. Actividade do 15 al 28 de abril, cun máximo variable o día 23. Radiante en Popa.
  • Día 25: Aniversario do lanzamento do telescopio espacial Hubble (1990).
  • Día 30: Ás 20:38 h a Lúa en cuarto Crecente.

Planetas

  • Mercurio en Cetus con magnitude -0,3. Visible media hora antes do amencer.
  • Venus en Tauro con magnitude -4,19. Visible 4 horas despois do solpor.
  • Marte en Capricornio con magnitude 0,77. Visible 2 horas antes do amencer.
  • Xúpiter en Saxitario con magnitude -1,83. Visible 3 horas antes do amencer.
  • Saturno en Capricornio magnitude 0,82. Visible 3 horas antes do amencer.
  • Urano en Aries cunha magnitude de 6,22, non visible pola súa proximidade ao Sol.

Cometas

  • Tan só C/2019 Y4 (ATLAS) con magnitude 4 en Camelopardalis, C/2017 T2 (PanSTARRS) con magnitude 8 entre Casiopea e Camelopardalis e C/2019 Y1 (ATLAS) con magnitude 8 entre Casiopea e Camelopardalis, poden verse cun telescopio pequeno, os 3 na misma zona do ceo. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.
Imaxe do ceo cara ao sur, o 15 de abril ás 24 h