O ceo en agosto de 2019

Efemérides

  • Día 1: Ás 05:12 h Lúa Nova.
  • Día 7: Ás 19:31 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 9: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 12: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 13: Desde o solpor do día 12, Choiva de estrelas Perseidas, tamén coñecidas como bágoas de San Lourenzo, actividade desde o 23 de xullo ao 20 de agosto, cun máximo de 80 por hora na noite do 12 ao 13 de agosto. Son producidas polos restos do cometa 109P/Swift-Tuttle. Radiante en Perseo, de aí o seu nome.
  • Día 15: Ás 14:29 h Lúa Chéa.
  • Día 18: Choiva de estrelas Kappa-Cygnidas, actividade desde o 3 ao 31 de agosto cun máximo de 3 por hora o 18 de agosto. Radiante en Cisne.
  • Día 20: Aniversario do lanzamento do Voyager 2 a percorrer Xupiter, Saturno, Urano e Neptuno (1977). Hoxe atopase a 18.150.000.000 quilómetros da Terra, e continúa a súa viaxe polo espazo interestelar a 15,3 quilómetros por segundo.
  • Día 23: Ás 16:56 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 30: Ás 12:37 h Lúa Nova.

Planetas

  • Mercurio en Cancer, magnitude -0,52. Observable 1 hora antes do amencer.
  • Venus en Leo, magnitude -3,5. Pola súa proximidade ao Sol non visible.
  • Marte en Leo, magnitude 1,99. Pola súa proximidade ao Sol non visible.
  • Xúpiter en Ofiuco, magnitude -1,9. Observable ata as duas da mañá.
  • Saturno en Saxitário, magnitude 0,44. Poderase observar casi toda a noite.
  • Urano en Aries, magnitude de 6,09. observable con prismáticos, logo de media noite.

Cometas

  • Tan só C/2018 W2 (Africano) con magnitude 9 en Camelopardalis pode verse cun telescopio pequeno. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.
Imaxe do ceo cara ao sur, o 15 de agosto ás 24 h