O ceo en setembro de 2020

Efemérides

  • Día 2: Ás 05:22 h Lúa Chéa.
  • Día 5: Aniversario do lanzamento da sonda espacial  Voyager 1 en 1977. Na actualidade atópase na constelación de Ofiuco a 22.460.000.000 quilómetros do Sol e viaxa a 17 q/s.
  • Día 6: A Lúa e Marte moi próximos.
  • Día 10: Ás 09:26 h a Lúa em Cuarto Minguante. Choiva de meteoros Perseidas de setembro, actividade visible durante os meses de setembro e outubro, cun máximo de 5 por hora o día 10 de setembro. Radiante en Perseo.
  • Día 11: En 1822 o Santo Oficio autoriza a ensinar a teoría de Copérnico de que a Terra xira arredor do Sol.
  • Día 14: A Lúa e Venus moi próximos.
  • Día 17: Ás 11:00 h Lúa Nova.
  • Día 18: Mercurio e a Lúa moi próximos.
  • Día 22: Ás 13:30 h Comenza o outono no hemisfério norte, primavera no sur.
  • Día 23: Aniversario da primeira observación de Neptuno polo astrónomo J. Galle (1846).
  • Día 24: Ás 01:55 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 25: Xúpiter, Saturno e a Lúa moi próximos.

Planetas

  • Mercurio en Virgo con magnitude 0,01, visible 1/2 hora despois do solpor.
  • Venus en Cancer con magnitude  -3,68, visible 4 horas antes do amencer.
  • Marte en Piscis con magnitude -1,98, visible casi toda a noite.
  • Xúpiter en Saxitario con magnitude -2,04, visible ata as 2 da madrugada.
  • Saturno en Saxitario con magnitude 0,59, visible ata as 2 e media da madrugada.
  • Urano en Aries con magnitude 5,7, visible con prismáticos casi toda a noite.

Cometas

  • Tan só 88P/Howell (2020) con magnitude 8 entre Libra e Escorpio, pode verse cun telescopio pequeño. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.
Imaxe do ceo cara ao sur, o 15 de setembro ás 24 h