Día 5: Choiva de estrelas Phoenícidas de Decembro, actividade entre o 4 o 6 de decembro, cun máximo variable o 5 de decembro.
Día 6: Choiva de estrelas Pupidas Velidas, actividade entre o 1 e o 15 de decembro, cun máximo de 10 por hora o 6 de decembro. Choiva de estrelas Sigma Hidridas, actividade entre o 1 e o 15 de decembro, cun máximo de 3 por hora o 6 de decembro.
Día 8: Ás 00:37 h a Lúa en Cuarto Minguante.
Día 13: Choiva de estrelas Monocerótidas, actividade entre 1 e o 27 de decembro, cun máximo de 2 por hora o 13 de decembro.
Día 14: Choiva de estrelas Xemínidas, actividade entre o 1 e o 22 de decembro, cun máximo de 120 por hora o 14 de decembro, son producidas polos restos do asteroide (3200) Faetón. Eclipse total de Sol, visible en Chile e Arxentina. Ás 16:17 h Lúa Nova.
Día 15: Choiva de estrelas Coma Berenícidas, actividade entre o 12 e o 23 de decembro, cun máximo de 3 por hora o 15 de decembro.
Día 17: A Lúa, Xúpiter e Saturno moi próximos.
Día 20: Choiva de estrelas Leo Minóridas de Decembro, actividade entre o 6 de decembro e o 18 de xaneiro, cun máximo de 5 por hora o 20 de decembro. Falecemento en 1996 do gran astrónomo, astrofísico e escritor Carl Sagan.
Día 21: Ás 10:02 h comenza o inverno no hemisfério norte, verán no sur. Máxima aproximación entre Xúpiter e Venus. Ás 23:41 h a Lúa en Cuarto Crecente.
Día 22: Choiva de estrelas Úrsidas, actividade entre o 17 e o 26 de decembro, cun máximo de 10 por hora o 22 de decembro.
Día 23: A Lúa e Marte moi próximos.
Día 30: Ás 03:28 h Lúa Nova.
Planetas
Mercurio en Ofiuco cunha magnitude de –0,74, non visible.
Venus en Libra cunha magnitude de -3,39, visible dúas horas antes do amencer.
Marte en Piscis, cunha magnitude de -0,5, visible casi toda a noite.
Xúpiter en Saxitario, cunha magnitude de -1,55, visible dúas horas despois do solpor.
Saturno en Saxitario, cunha magnitude de 0,84, visible dúas horas despois do solpor.
Urano en Aries, cunha magnitude de 6,03, visible con prismáticos case toda a noite.
Cometas
Tan só C/2020 M3 (ATLAS) con magnitude 8 percorrerá durante o mes de decembro a constelación de Auriga. Os demais pola súa magnitude ou proximidade ao Sol son dificilmente localizables.
Na imaxe podemos ver o ceo cara ao sur, o día 15 de decembro ás 24 horas