O ceo en febreiro de 2020

Efemérides

  • Día 2: Ás 02:43 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 8: Morre en Florencia Galileo Galilei en arresto domiciliario. O día 31 de octubro do 1992 a Santa Sé recoñeceu o seu erro ao condenalo (1642). Choiva de estrelas Alfa-Centauridas, actividade desde o 1 de febreiro ao 20 de febreiro, cun máximo de 6 por hora, Radiante en Centauro.
  • Día 9: Ás 08:34 h Lúa Chéa. 
  • Día 15: Ás 23:19 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 18: A Lúa e Marte moi próximos. 
  • Día 19: A Lúa e Xúpiter moi próximos.
  • Día 20: A Lúa e Saturno moi próximos.
  • Día 23: Ás 16:33 h Lúa Nova. Aniversario (1987) da aparición da Supernova 1987A na Gran Nube de Magallanes.
  • Día 28: Ás 22:49 h máximo achegamento entre Marte e o cúmulo aberto M22 (Cúmulo do Campión), pasarán a tan só 0°20′ un do outro, dificilmente observable.

Planetas

  • Mercurio en Acuario, visible 1 hora despois do solpor, magnitude 0,51.
  • Venus entre Piscis, visible durante 3 horas despois do solpor, magnitude -3,69. 
  • Marte en Saxitario, visible durante 2 horas antes do amencer, magnitude 1,42. 
  • Xúpiter en Saxitario, visible durante 1,5 horas antes do amencer, magnitude -1,48.
  • Saturno en Saxitario, visible durante 1 hora antes do amencer, magnitude 0,83.
  • Urano en Aries, visible ata media noite, magnitude 6,2.

Cometas

  • Tan só C/2017 T2(PanSTARRS) con magnitude 8, pode observarse cun telescopio pequeno, no seu tránsito pola constelacion de Perseo. Os demais teñen magnitudes que os fan difícilmente observables.
Imaxe do ceo cara ao sur, o 15 de febreiro ás 24 h