A Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ven de facer público que o proxecto presentado por Cobre San Rafael en 2018 para reabrir a mina de cobre de Touro-O Pino recibiu unha declaración de impacto ambiental (DIA) negativa pois non garantía a sustentabilidade ambiental do entorno. Na DIA resultaron decisivos os informes “desfavorables” e “insalvables” da D.X. de Patrimonio Natural e de Augas de Galicia.
SGHN, que presentara alegacións ao proxecto en 2017 e 2019, desexa facer pública a súa satisfacción por esta decisión e felicitar a todos as persoas e departamentos da Xunta de Galicia que contribuiron á mesma.
