O ceo en maio de 2020

Efemérides

  • Día 4: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 4: Choiva de estrelas Eta-Acuáridas, actividade hasta o 28 de maio, cun máximo de 50 por hora. Radiante en Acuario, trátase de meteoros cunha gran velocidade, producindo bólidos moi luminosos e de longas traxectorias.
  • Día 7: Ás 12:46 h Lúa Chea.
  • Día 8: Choiva de meteoros: Eta-Lyridas, actividade do 3 ao 31, cun máximo de 3 por hora, radiante en Lira.
  • Día 11: Aniversario da publicación da Teoría Xeral da Relatividade de Albert Einstein (1916).
  • Día 12: Xúpiter, Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 14: Ás 16:03 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 15: En 1618 o astrónomo Johannes Kepler formula a terceira e última Lei que leva o seu nome, referida ao movemento dos planetas. Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 16: Aniversario do impacto da sonda Venera en Venus (1969).
  • Día 22: Ás 19:40 h Lúa Nova. Mercurio e Venus moi próximos.
  • Día 24: Mercurio, Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 29: En 1919 durante unha eclipse total de Sol, Sir Arthur Eddington confirma a curvatura da luz prevista na Teoría Xeral da Relatividade.
  • Día 30: Ás 05:30 h a Lúa en Cuarto Crecente.

Planetas

  • Mercurio na constelación de Tauro, cunha magnitude de -1,06 visible media hora despois do solpor. 
  • Venus na constelación de Tauro, cunha magnitude de -3,98, visible 2 horas despois do solpor. 
  • Marte na constelación de Acuario, cunha magnitude de 0,39, visible 3 horas antes do amencer.
  • Xúpiter na constelación de Saxitario, cunha magnitude de -2,03, visible 4 horas antes do amencer. 
  • Saturno na constelación de Capricornio, cunha magnitude de 0,71, visible 4 horas antes do amencer.
  • Urano na costelación de Aries, cunha magnitude de 6,22, non visible.

Cometas

  • C/2020 F8 (SWAN) con magnitude 3 nas constelacións da Cetus, Piscis, Triángulo e Perseo, o mellor momento para velo é na segunda semana de maio, moi preto do horizonte e no  crepúsculo, C/2017 T2 (PanSTARRS) en Camelopardalis con magnitude 8, C/2019 Y4 (ATLAS) en Camelopardalis, Perseo e Tauro con magnitude 9 poden verse cun telescopio pequeno. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.
Imaxe do ceo cara ao sur, o 15 de maio ás 24 h