Día 2: Aniversario do lanzamento da sonda espacial Pioneer 10. Na actualidade atópase na constelación de Tauro a 19.050 millóns de quilómetros, e viaxa a 11,9 qm/s.
Día 4: Aniversario do descubrimento do planeta Urano polo astrónomo inglés William Herschel (1781).
Día 5: Xúpiter e Mercurio moi próximos, visible uns minutos antes do amencer.
Día 6: Ás 01:30 h a Lúa en Cuarto Minguante.
Día 9: A Lúa e Saturno moi próximos.
Día 13: Ás 10:21 h Lúa Nova. O astrónomo inglés William Herschel descubre os satélites de Urano Titania e Oberón (1787).
Día 14: Máximo da choiva de estrelas Gamma-Nórmidas (2 por hora), comenzaron o 25 de febreiro e estarán con nós ata o día 28. Radiante en Norma.
Día 19: A Lúa e Marte moi próximos.
Día 20: Ás 09:37 h a Terra no equinocio. Comenza a primavera no norte, outono no sur.
Día 21: Ás 11:41 a Lúa en Cuarto Crecente.
Día 25: Aniversario do descubrimento por Christiaan Huygens do satélite de Saturno Titán (1655).
Día 28: Ás 18:48 h Lúa Chéa.
Planetas
Mercurio en Acuario, pola súa proximidade ao Sol non visible, magnitude 0,20.
Venus en Acuario, pola súa proximidade ao Sol non visible, magnitude -3,46.
Marte en Tauro, visible ata despois de media noite, magnitude 1,29.
Xúpiter en Capricornio, será visible media hora antes do amencer, magnitude -1,57.
Saturno en Capricornio, poderá observarse durante unha hora antes do amencer, magnitude 0,94.
Urano en Aries, visible ata pouco antes de media noite, magnitude 6,18.
Cometas
Todos teñen magnitudes superiores a 10, que os fan difícilmente observables.