O ceo en outubro de 2019

Efemérides

  • Día 3:  Xúpiter e a Lúa moi próximos. En 1582 o Papa Gregorio XIII axusta o calendario Xuliano, pasando a denomiarse Gregoriano, suprime do día 4 ao día 15.
  • Día 4: Aniversario do lanzamento en 1957 do primeiro satélite artificial, o Sputnik I.
  • Día 5: Ás 16:47 h a Lúa en Cuarto Crecente. Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 9: Maximo de 10 por hora da choiva de estrelas Dracónidas, actividade dende o 6 ao 31.
  • Día 11: Máximo de 2 por hora da choiva de estrelas Delta Auríxidas, actividade do 10 ao 31.
  • Día 13: Ás 21:08 h Lúa Chéa.
  • Día 19: Máximo de 3 por hora da choiva de estrelas Epsilon Xeminidas, actividade do 14 ao 27.
  • Día 21: Ás 12:39 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 22: Máximo de 20 por hora da choiva des estrelas Oriónidas, producidas polos restos do cometa Halley, actividade do 2 de outubro ao 7 de novembro.
  • Día 25: Máximo de 2 por hora da choiva de estrelas Leo Minóridas, actividade do 19 ao 31.
  • Día 28: Ás 02:38 h Lúa Nova.
  • Día 29: No solpor, fermosa conxunción de Mercurio, Venus e a Lúa.
  • Día 31: Xúpiter e a Lúa moi próximos. Aniversario da absolución polo Vaticano do astrónomo Galileo Galilei polo cargo de herexía, ao manter a teoria heliocéntrica (1992).

Planetas

  • Mercurio en Libra visible media hora despois do solpor, cunha magnitude de 0,08.
  • Venus en Libra poderase observar media hora despois do solpor, cunha magnitude de -3,34.
  • Marte en Virgo observarase nos amenceres, aproximadamente durante 1 hora, cunha magnitude de 2.
  • Xúpiter en Ofiuco observarase durante 2 horas e media despois do solpor, cunha magnitude de -1,54.
  • Saturno en Saxitario poderá observarse ata media noite, cunha magnitude de 0,72.
  • Urano en Aries visible toda a noite, magnitude 6,01.

Cometas

  • Tan só C/2018 W2 (Africano) con magnitude 8 entre as constelacións de Piscis, Acuario e Piscis Austrinus, pode verse cun telescopio pequeño. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.
Imaxe do ceo cara ao sur, o 15 de outubro ás 24 h