O ceo en outubro de 2021

Efemérides

  • Día 3: En 1582 o Papa Gregorio XIII axusta o calendario Xuliano, pasando a denomiarse Gregoriano, suprime do día 4 ao día 15.
  • Día 4: Aniversario do lanzamento en 1957 do primeiro satélite artificial, o Sputnik I.
  • Día 6: Ás 11:06 h Lúa Nova.
  • Día 8: Choiva de estrelas Dracónidas, actividade entre o 6 ao 31, cun máximo de 10 por hora o día 8.
  • Día 9: A Lúa e Venus moi próximos.
  • Día 11: Máximo de 2 por hora da choiva de estrelas Delta Auríxidas, actividade do 10 ao 31.
  • Día 12: Ás 02:25 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 14: A Lúa e Saturno moi próximos.
  • Día 15: A Lúa e Xúpiter moi próximos.
  • Día 20: Ás 14:56 h Lúa Chéa.
  • Día 21: Choiva de estrelas Oriónidas, actividade do 2 de outubro ao 7 de novembro, cun máximo de 20 por hora o día 21, son producidas polos restos do cometa Halley.
  • Día 28: Ás 20:05 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 31: Aniversario da absolución polo Vaticano do astrónomo Galileo Galilei polo cargo de herexía ao manter a teoria heliocéntrica (1992).

Planetas

  • Mercurio en Virgo visible media hora antes do amencer, cunha magnitude de 1,64.
  • Venus en Escorpio poderase observar durante unha hora despois do solpor, cunha magnitude de -4,39.
  • Marte en Virgo pola súa proximidade ao Sol non é visible, magnitude 1,65.
  • Xúpiter en Capricornio pode verse ata 2 horas despois de medianoite, cunha magnitude de -2,6.
  • Saturno en Capricornio pode verse ata 1 horas despois de medianoite, cunha magnitude de 0,54.
  • Urano en Aries visible toda a noite, magnitude 5,66.

Cometas

  • Tan só 6P/d’Arrest (2021), con magnitude 9 en Saxitario, e 67P/Churyumov-Gerasimenko (2021), con magnitude 9 en Xéminis, poden verse cun telescopio pequeno. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.
Na imaxe podemos ver o ceo cara ao sur, o día 15 de outubro ás 24 horas.