Día 3: A estrela Aldebarán e a Lúa moi próximas. Ás 02:37 h a Lúa en
Cuarto Minguante.
Día 5: Aniversario do lanzamento da Voyager 1 a Xúpiter e Saturno
(1977). Na actualidade atópase a 21.400.000.000 km do Sol, e segue a súa viaxe
polo espazo a 17 km por segundo.
Día 9: Ás 06:01 h Lúa Nova. Choiva de estrelas Perseidas de Setembro,
actividade do 5 ao 21, cun máximo de 5 por hora o día 9.
Día 11: En 1822 o Santo Oficio autoriza a ensinar a teoría de Copérnico
de que a Terra xira arredor do Sol.
Día 14: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
Día 16: Ás 11:15 h
a Lúa en Cuarto Crecente.
Día 17: Saturno e
a Lúa moi próximos.
Día 20: Marte e a
Lúa moi próximos.
Día 23: Ás 01:54 a Terra no equinoccio, comeza o outono no hemisferio
norte, primavera no sur. Aniversario da
primeira observación de Neptuno polo astrónomo J. Galle (1846).
Día 25: Ás 02:52 h
Lúa Chea.
Planetas
Mercurio en Leo cunha magnitude de -1,33, pola súa proximidade ao Sol non visible.
Venus en Virgo cunha
magnitude de -4,25, poderá observarse nos solpores aproximadamente durante unha
media hora.
Marte en Capricornio cunha
magnitude de -1,53, poderá observarse case toda a noite.
Xúpiter en Libra cunha magnitude de -1,43, poderá observarse nos solpores aproximadamente durante 2 horas.
Saturno en Saxitario cunha magnitude de 0,63, poderá observarse nos solpores
aproximadamente durante 4 horas.
Urano en Aries cunha
magnitude de 6,04, visible con prismáticos logo de media noite.
Cometas
Tan só 21P/Giacobini-Zinner (2018) con magnitude 6 en Auriga pode verse
cun telescopio pequeño. Os demais pola súa magnitude son dificilmente
localizables.