O ceo en xaneiro de 2021

Efemérides

  • Día 3: Choiva de meteoros Cuadrántidas, actividade desde o 1 ao 12 de xaneiro cun máximo de 120 por hora na noite do 3 ao 4, con radiante en Bootes. Son meteoros de gran tamaño con ronseis que poden durar de 3 a 4 minutos e producidos polo paso do asteroide 2003 EH.
  • Día 6: Ás 09:37 h a Lúa em Cuarto minguante.
  • Día 7: Galileo Galilei descobre os satélites naturais de Xúpiter: Io, Europa e Callisto (1609).
  • Día 8: En 1642 morre arrestado no seu domicilio de Florencia, Galileo Galilei. Ata o 31 de outubro de 1992 a Santa Sé non recoñeceu o seu erro ao condenalo en 1633.
  • Día 13: Ás 05:00 h Lúa Nova.
  • Día 17: Choiva de estrelas Delta Cáncridas, atividade do 1 ao 24 de xaneiro cun máximo de 4 por hora o 17. O radiante atópase na constelación de Cáncer, seguramente son orixinadas polo asteroide 2001 YB5.
  • Día 19: Aniversario do lanzamento da sonda espacial Novos Horizontes con destino a Plutón (2006), na actualidade atópase na constelación de Saxitário a 7.400 millóns de quilómetros e móvese respecto ao Sol a 13,9 quilómetros por segundo.
  • Día 20: Ás 21:00 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 21: A Lúa e Marte moi próximos.
  • Día 28: Ás 19:16 h Lúa Chea.

Planetas

  • Mercurio en Capricornio con magnitude 0,75 visible media hora despois do solpor.
  • Venus: en Saxitario cunha magnitude de -3,35 visible media hora antes do amencer. 
  • Marte: en Aries cunha magnitude de 0,29 visible ata 2 horas despois da media noite. 
  • Xúpiter: en Capricornio cunha magnitude de -1,49; pola súa proximidade ao Sol non é visible.
  • Saturno: en Capricornio cunha magnitude de 0,79; pola súa proximidade ao Sol non é visible.
  • Urano: Atopase na constelación de Piscis cunha magnitude de 6,12 visible ata 2 horas despois da media noite.

Cometas

  • Tan só C/2020 M3 (ATLAS) con magnitude 10 en Auriga pode verse cun telescopio mediano. Os demais teñen magnitudes que os fan difícilmente observables.
Na imaxe podemos ver o ceo cara ao sur, o día 15 de xaneiro ás 24 horas