O ceo en xuño de 2021

Efemérides

  • Día 1: A Lúa e Xúpiter muy próximos.
  • Día 2: Ás 07:25 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 5: Choiva de meteoros Ariétidas. Actividade do 28 de maio ao 17 de xuño, cun máximo variable o día 5.
  • Día 10: Ás 10:53 h Lúa Nova. Eclipse anular de Sol, será parcial nas nosas latitudes, comenza as 13:49 e remata as 12:43, a Lúa cubrirá un 13% do Sol.
  • Día 12: A Lúa e Venus moi próximos.
  • Día 13: A Lúa e Marte moi próximos.
  • Día 18: Ás 03:54 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 21: Ás 03:32 h comeza o verán no hemisferio norte, inverno no sur.
  • Día 24: Ás 18:40 h Lúa Chéa.
  • Día 27: Choiva de estrelas Bootidas de Xuño, do 22 ao 10 de xullo, cun máximo variable o día 27, radiante en Bootes. A Lúa e Saturno moi próximos.
  • Día 29: A Lúa e Xúpiter moi próximos.
  • Día 30: Aniversário da caida en Tunguska (Siberia) en 1908, dos posibles restos dún cometa. As consecuencias son visibles ainda hoxe.

Planetas

  • Mercurio en Tauro con magnitude 4,26. Non visible pola súa proximidade ao Sol.
  • Venus en Xéminis con magnitude -3,84. Visible una hora despois do solpor.
  • Marte en Cancer con magnitude -1,52. Visible dúas horas despois do solpor.
  • Xúpiter en Acuario magnitude -2,54. Visible catro horas antes do amencer.
  • Saturno en Capricornio magnitude 0,48. Visible 5 horas antes do amencer.
  • Urano en Aries, magnitude de 5,85. Visible unha hora antes do amencer.

Cometas

  • Pola súa magnitude superior a 10, son dificilmente localizables.
Na imaxe podemos ver o ceo cara ao sur, o día 15 de xuño ás 24 horas