O Museo de Historia Natural comeza o ano conectándose con Nova York

Foi a través dunha conexión en liña dende Ferrol cunha institución benéfica de Nova York.

O pasado día 4 tivo lugar unha conexión en liña en directo dende o Museo de Historia Natural de Ferrol co “Westchester Jewish Community Services” de Nova York, unha organización sen fins de lucro de axuda a persoas de todas as idades e orixes en diferentes comunidades en Nova York.

iniciativa xurde o pasado verán, cando visitou o Museo de Historia Natural de Ferrol a axudante de dirección da institución e coñeceu a iniciativa, parecéndolle moi interesante a posibilidade de poder facer conexións en liña co museo de Ferrol dende a cidade neoiorquina.

Hai uns días, a súa intención viuse plasmada a través dunha conexión na que participaron varias familias, cun total de 17 adultos e 14 menores.

Ás actividades do MHN son posibles grazas ás cotas dos socios da SGHN; do aporte das doazóns do público que visita ao museo en Ferrol; dun convenio de colaboración entre a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ferrol e a entidade, así como da achega puntual da Deputación da Coruña nos meses de decembro.