O Museo de Historia Natural, na historia da ciencia

O vindeiro luns 9 de marzo, teremos a oportunidade de gozar dunha interesante CONFERENCIA titulada Three Scientists of the Philippine Revolution que fará un repaso da Historia da Ciencia e dos científicos, das colonias españolas en Filipinas no século XIX.

O acto terá lugar ás 19:00 h. na Facultade de Humanidades e Documentación (UDC, Campus de Esteiro de Ferrol) a cargo do Prof. Dr. D. Benjamín Vallejo, do “Instituto de Ciencia Ambiental y Meteorología de Ciudad Quezón” (Universidade de Filipinas).

A organización do evento é por parte da Aula Centenario 98 e do Museo de Historia Natural da SGHN, e vén financiada polo Grupo de Investigación HADOC (Dpto. Humanidades da UDC).

Contamos coa túa participación.