Peche temporal do Museo de Historia Natural

En cumprimento das indicacións da Xunta de Galicia para museos públicos e privados para frear a expansión do coronavirus, SGHN ven de pechar ao público as instalacións do Museo de Historia Natural en Ferrol ata nova indicación oficial.

O persoal do museo manterá a súa actividade no horario contemplado no convenio co Concello de Ferrol, adicándose ás labores de conservación, mantemento, administración, e atendendo ás comunicacións telefónicas e electrónicas.