Obradoiro de debuxo e pintura da natureza

A Delegación de As Mariñas da Sociedade Galega de Historia Natural organiza durante o ano 2018 un obradoiro de debuxo e pintura da natureza, distribuído en en oito meses con unha sesión/mes (programa). Está pensado para ser impartido cun enfoque práctico e na maioría das sesións se realizarán saídas de campo (salvo imposibilidade por cuestións meteorolóxicas). Será impartido polo ilustrador Calros Silvar e o material de debuxo/pintura será aportado polos participantes. A inscrición mínima será de dúas sesións, beneficiándose dun desconto do 30% aqueles que realicen a matrícula por todo o curso. O prezo por sesión é de 30 € pero no caso dos socios/as da SGHN e da entidade colaboradora (Grupo Naturalista Hábitat) terán descontos na inscrición (20 €/sesión).

A primeira xornada será o domingo 18 de marzo, onde se impartirán en aula os conceptos básicos. O lugar de encontro será a tenda ACADA na Avda. da Mariña, 3 en SADA en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Para realizar a inscrición será preciso enviar os datos completos ao correo electrónico: asmarinhas@sghn.org. Alternativamente se pode usar o teléfono 686143143. Os ingresos se realizarán na conta bancaria enviando o resgardo de pago (se é posible).

ABANCAIBAN ES41 2080 0200 4130 4012 7665