Regreso ao pasado: 33 anos despois a Xunta de Galicia desprotexe ao acibro

No DOG de hoxe, cunha disposición indignamente embutida á forza no Decreto 11/2018 que regula a composición do Observatorio Galego de Educación Ambiental (!!!), a Xunta de Galicia ven de derrogar a Orde do 10 de decembro de 1984, pola que “considerando a importancia ecolóxica do acivro e a súa utilidade para a fauna silvestre” declarouse “o acivro (Ilex aquifolium, L) especie protexida no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia”. Esta sorprendente decisión:

  • NON foi informada polos órganos consultivos preceptivos, o Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e, nomeadamente, o Observatorio Galego da Biodiversidade.
  • IGNORA que as formacións de acivro son un hábitat de interese na UE ´(9830 Bosques de Ilex aquifolium), que segundo o manual “Bases ecológicas preliminares para la conservación de los tipos de hábitat de interés comunitario en España” (Arrieta, 2009) ten sufrido unha diminución dun 10% da súa superficie de distribución e ocupación nas últimas décadas, polo que se considera que a superficie ocupada dentro da área de distribución é inaxeitada.
  • NON está apoiada por ningún tipo de argumento ou informe científico sobre o estado de conservación da especie e as consecuencias que a súa desprotección terá para outras especies protexidas, nomeadamente animais que se acubillan baixo eles no inverno e consumen os seus froitos, baste recordar o sinalado por Guitián (1983): “ La utilización preferente de esta planta nace de la escasa disponibilidad de recursos del habitat y está ligada al comportamiento de alimentación y dieta en el invierno, regulación térmica y refugio ante los predadores que proporciona la planta”.

Á vista deste despropósito, o vogal de SGHN no Observatorio Galego da Biodiversidade solicitará na vindeira xuntanza deste comité consultivo que se avalíe a inclusión do acivro como especie vulnerable no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.

Bibliografía citada: