Atlas SGHN de Flora Exótica Invasora: Oenothera rosea L´Hér. ex Aiton

Planta herbácea da familia das onagráceas, orixinaria de América, dende Texas ata Perú. Foi citada por vez primeira en Galicia no 1880. Especie dominante nas zonas de implantación, cunha alta capacidade de reprodución, formación de bancos de sementes e adaptación ós espazos abertos e alterados que ocupa, é por iso polo que é catalogada cómo unha especie cunha capacidade invasora incipiente. Atópase nas bases dos muros, camiños e terreos alterados, cun marcado comportamento viario e ruderal, aínda que tamén se atopa en areais costeiros e nas marxes das marismas onde é máis preocupante a súa presenza.

Oenothera rosea L’Her ex Aiton

Colabora no Atlas escribindo a botanica@sghn.org

Preme aquí para acceder ao listado completo de fichas de especies de flora exótica invasora publicadas.