Centauro A

Centaurus A é unha galaxia elíptica ou lenticular xigante, situada na constelación de Centauro. É a quinta galaxia máis brillante do ceo nocturno logo de M31 (Andrómeda), M33 (galaxia do Triángulo) e as Nubes de Magallanes. A distancia exacta da galaxia é incerta, pero estímase que se atopa entre 10 e 16 millóns de anos luz.

Foi descuberta polo astrónomo escocés James Dunlop en 1826 desde o Observatorio de Parramatta en Nova Gales do Sur, Australia. O nome de Centaurus A, foille posto nas décadas de 1940 e 1950, cando a radioastronomía era un campo de estudo relativamente novo e as fontes de radio no ceo foron nomeadas por letras, designando cunha Á, á fonte de radio máis forte atopada dentro dunha constelación. Centaurus A foi a primeira fonte de emisións de radio descuberta en Centauro. Outros nomes son NGC 5128, PGC 46957, Arp 153, Caldwell 77 e Galaxia da Hamburguesa.

Centaurus A, a quinta galaxia mais brillante do ceo nocturno

Crese que Centaurus A é unha colisión galactica. Unha galaxia elíptica xigante asimila a unha galaxia espiral barrada polvorienta de menor tamaño desde fai uns 200 a 700 millóns de anos. Contén no seu centro un buraco negro supermasivo cunha masa equivalente a 55 millóns de masas solares, que expulsa dous chorros relativistas de materia que son os responsables das emisións de raios X e de ondas de radio.

A galaxia só é visible desde latitudes baixas do hemisferio norte e de todo o hemisferio sur. De momento podedes vela na foto obtida desde Arxentina, por un compañeiro de Fotografía Ferrolterra e da SGHN.