Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Feira do Catorce e Monte do Gato
As lagoas de Antela, La Nava e La Janda dan un paso crave para o seu recoñecemento xurídico
Madrid, 23 de marzo de 2026. O Congreso dos Deputados acolleu a xornada “Aposta polo recoñecemento da personalidade xurídica das tres grandes lagoas ibéricas”, un encontro que reuniu a comunidade científica, organizacións sociais e representantes institucionais cun obxectivo claro: avanzar no recoñecemento das lagoas de Antela (Ourense), La Nava (Palencia)…
Dragaxe canle de acceso ao porto de Pontevedra
Xustificación oficial do proxecto Debido á “perda de calado pola acumulación de sedimentos que dificulta a navegación e a atracada en porto deportivo de Pontevedra” e “Tras varios intentos errados de xestión previa”, o proxecto propón extraer máis de 400.000 m3 de sedimentos de Categoría A -é dicir, limpos- para…
A prol da personalidade xurídica para Antela, La Nava e La Janda
Asociación de Amigos de La Janda, Asociación de Naturalistas Palentinos e SGHN AEMS-Ríos con vida, AGADEN, ANDALUS, Ecologistas en Acción, Fundación Savia, Greenpeace, Iniciativa Natura, Red Andaluza Nueva Cultura del Agua e SEO/BirdLife No Día Mundial da Auga, as organizacións ecoloxistas e conservacionistas reivindican a necesidade de recuperar o patrimonio…
