Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Alegacións á Canteira Benedicta (O Porriño -Pontevedra)
A SGHN presentou unha serie de alegacións ó proxecto marco C.E. BENEDICTA nº 1.544 Situado en Atios – Budiño (O Porriño, Pontevedra). Neste proxecto recóllense as actuacións de clausura das zonas explotadas da canteira (basicamente granito) O principal risco deste macrogrupo de canteiras é que o proxecto situase nos límites…
Río Camba: menos mal que insiste SGHN
“ParaTERCO” Energía En 2016, Paratermo Energía solicitou os permisos para construir unha planta industrial de produción de metanol e hidróxeno a carón do río Camba en Viana do Bolo (Ourense). O proxecto, duramente criticado por SGHN (ver alegacións), afectaba á contorna do PN do Invernadeiro, dous hábitats prioritarios e unha…
Día Mundial dos Humidais 2019 na Limia
Humidais e desenvolvemento sostible en Antela-A Limia Que? Xornada de campo aberta a todos os públicos para celebrar o Día Mundial dos Humidais 2019. Cando? O vindeiro sábado 9 de febreiro. Para que? Divulgar os traballos de restauración de humidais, naturais e artificiais, que desenvolve SGHN. Onde? no outrora magnífico…
