Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
AVES INVERNANTES 2º TALLER DE INICIACIÓN: IDENTIFICACIÓN
Ferrol no século XXI Pasado, presente e futuro do patrimonio museístico da cidade
O venres día 3 tivo lugar esta interesante xornada, que respondeu ás expectativas do programa, pese ao temporal, e na que as realidades e as posibilidades do patrimonio industrial, naval e natural de Ferrolterra se debatiron entre ponentes e público. Un paso máis na necesaria coordinación entre sociedade civil e administracións…
Día Internacional dos Humidais nas Ribeiras do Louro
http://www.worldwetlandsday.org/es , SGHN www.sghn.org e a Asociación Trezecatorze www.facebook.com/asociacion.trezecatorce coa colaboración do Programa Voznatura www.voznatura.com organizan un roteiro interpretativo pola Ruta dos Humidais en Salceda. A actividade consiste nunha saída guiada adicada ó coñecemento dos humedais das Ribeiras do Louro e ós servicios ecosístemicos deste tipo de áreas naturais. Esta data pretende crear conciencia sobre a importancia…