Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Pour la défense des mammifères marins
“On ne verra plus que quelques restes de cette espèce gigantesque, ses débris deviendront une poussière que les vents disperseront, et elle ne subsistera que dans le souvenir des hommes et dans les tableaux du génie”. Lacépède Pour ceux d’entre nous qui travaillons près des mammifères marins, dans un présent…
Proxecto de ampliación do Peirao de embarcacións deportivas na illa da Toxa (O Grove)
SGHN presentou alegacións contra a ampliación do peirao de embarcacións deportivas na illa da Toxa. Este peirao está no medio do Complexo intermareal Umia – O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira, a principal zona de invernada de aves de Galicia. Hai dúas razóns principais para a oposición…
Accidente fatal na praia das Catedrais: crónica dun risco anunciado
Con data 10-10-2014 (Entrada 22436 / RX 1170562), en escrito dirixido á entón Directora Xeral de Conservación da Natureza (hoxe Directora Xeral de Patrimonio Natural), SGHN presentou as súas alegacións ao documento preliminar do“Plan de Conservación do Monumento Natural da praia de As Catedrais”. De seguido extráctanse dous parágrafos do documento,…
Espazo profundo: Nebulosa de California Efemérides astronómicas de abril
Na constelación de Perseo, atópase a Nebulosa de California, recibe este nome dada a súa peculiar forma que recorda bastante o contorno do estado de Norteamérica de dito nome. Trátase dunha típica nebulosa de emisión. A Nebulosa de California tamén coñecida como NGC 1499 e Sharpless 220, foi descuberta polo astrónomo…