Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
MINA DE ANDALUCITA NAS FRAGAS DO EUME
A Fiscalía de Medio Ambiente admite a trámite a denuncia da SGHN-Ferrol A andalucita, con fórmula química Al2SiO5, é un mineral da clase Silicatos, subclase Nesosilicatos, que se forma por metamorfismo en aureolas de contacto entre granitos e pizarras arxilosas, micáceas ou corneanas. Esporádicamente aparece asociado a procesos hidrotermais máis…
A voltas coas podas brutais das árbores ornamentais
Alegacións da SGHN á Concentración Parcelaria da parroquia de Sta. Baia de Anfeoz (Cartelle)
A SGHN ven de solicitar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que o Estudio de Avaliación de Impacto Ambiental dodevandito proxecto de concentración parcelaria contemple: A exclusión das zonas comprendidas dentro de Lugar de Interese Comunitario e Zona de Especial Protección dos Valores Naturais ES1130014 “Río Arnoia”, así…
Estrada de conexión da A-52 coa N-525, polígonos industriais de San Cibrao e Val da Rabeda
A SGHN ven de presentar diante da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas as seguintes alegacións ó proxecto de “Nova estrada de conexión da A-52 coa N-525, polígonos industriais de San Cibrao e Val da Rabeda” sometido a información pública: Que a conexión se justifica polas necesidades de dous…