Estrada de conexión da A-52 coa N-525, polígonos industriais de San Cibrao e Val da Rabeda

A SGHN ven de presentar diante da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas as seguintes alegacións ó proxecto de “Nova estrada de conexión da A-52 coa N-525, polígonos industriais de San Cibrao e Val da Rabeda” sometido a información pública:

  • Que a conexión se justifica polas necesidades de dous polígonos industriais: o existente en San Cibrao das Viñas e outro proxectado pola anterior Consellería de Vivenda e Solo que realmente se integra no “Plan Territorial Integrado do Val da Rabeda”.
  • Que, con data 19-05-2009, a Dirección Xeral de Infraestruturas solicitou ó Instituto Galego da Vivenda e o Solo (IGVS) un informe acerca da viabilidade do “Plan Territorial Integrado do Val da Rabeda” para poder tomar as decisiones axeitadas e continuar coa marcha do proxecto; solicitude que reiterou o 23-07-2009 o non obter resposta.
  • Que na súa resposta do 02-10-2009 o IGVS informou que a actuación ten prevista a súa continuación pero que agarda decisións que poden afectar ó seu desenvolvemento.
  • Que, en consecuencia, cabe entender que o IGVS non sabe ou non pode dilucidar si o denominado “Plan Territoiral Integrado do Val da Rabeda” chegará a realizarse, nin de que maneira.
  • Que, á vista das últimas novas, o “Plan Territoiral Integrado do Val da Rabeda” vai sofrir unha importante modificación que na práctica supón a anulación do mesmo.
  • Que, nestas circunstancias, calquera conexión que se pretenda construir, invocando as necesidades de ambos polígonos industriais carece de fundamento e, por conseguinte a SGHN considera inapropiado e innecesario o proxecto, que se debería desbotar.