Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Este será o calendario SGHN-2026
As organizacións ambientais denuncian o bloqueo da Xunta á súa participación en REDEMAR
As organizacións ambientais dirixíronse á Xunta de Galicia en varias ocasións solicitando a súa participación en REDEMAR. As organizacións mostran o seu malestar por non recibir ningunha resposta á súa petición, o que supón unha violacion dos principios da Política Común de Pesca. De continuar co seu silencio, as organizacións…
Manifesto de apoio a Fernando Valladares
E a todas as persoas e entidades que sofren acoso por divulgar as ameazas que supón o cambio climático e outros procesos de degradación ambiental Desde hai un tempo, observamos con enorme preocupación e dor a escalada de desinformación e bulos, acompañada por unha crecente agresividade e acoso en redes…
Día Mundial das Aves Migratorias – Outono 2024
Baixo o lema “Protexe os insectos, protexe as aves” o Día Mundial das Aves Migratorias 2024 pon o acento na relación entre as aves migratorias e os insectos nun contexto de alarmante declive de ambos grupos de especies, buscando concienciar sobre a importancia dos insectos. Neste contexo, dende SGHN-Ourense buscando…
