Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Conferencia “O Cal, espazo natural”
O venres 20 de decembro, ás 19:30 h, terá lugar no auditorio do Museo de Historia Natural da SGHN a derradeira conferencia deste ano ofrecida pola Delegación de Ferrol co patrocinio da Deputación da Coruña. A conferencia “O Cal, espazo natural. Un proxecto de conservación persoal e totalmente transferible” versará…
𝗖𝗨𝗥𝗦𝗢 𝗗𝗘 𝗗𝗘𝗕𝗨𝗫𝗢 𝗗𝗔 𝗡𝗔𝗧𝗨𝗥𝗘𝗭𝗔!
Nomes galegos das aves de Galicia e de España
Vense de presentar a lista unificada e estándar de nomes galegos das aves de Galicia e de España, elaborada pola Comisión de Ornitonimia da Real Academia Galega, coa participación de lingüistas (Instituto da Lingua Galega, Real Academia Galega, Universidade dea Coruña, Universidade de Oviedo) e ornitólogos de diversas asociacións (GN…
Visita da A.C. Goethe ao MHN Ferrol
A asociación cultural Goethe que aglutina a alumnos e ex-alumnos da Escola oficial de idiomas de Ferrol organizou esta semana unha visita guiada ao Museo dá Natureza da SGHN en Ferrol. Asistiron moitos alumnos estranxeiros que participan habitualmente das actividades organizadas pola asociación que preside Manuel Yáñez. Entre os participantes…
