Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Saída guiada no val e muiños de Esmelle
Organizada pola Delegación de Ferrol de SGHN Será na mañá do vindeiro sábado, coa intención de contrastar coa nocturna realizada na fin de semana anterior. Dentro do seu ciclo “Outono naturalista” baixo o patrocinio da Deputación da Coruña, ofrecerá esta saída guiada polo val e os muíños de Esmelle na…
Inscrición VII Xornadas de Patrimonio Natural e Biodiversidade
Venres 22 de novembro, Teatro Principal de Pontevedra. Proxección audiovisual “El bosque salvaje de Pardomino” Sábado 23 de novembro, na escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra Para asistir é necesaria a preinscripción (gratuíta) para garantir que non se supere o aforo do local. Para a preinscripción, preme neste enlace PROGRAMA…
Liques de Galicia 40: Dermatocarpon miniatum (L.) W. Mann
Nova visita ao medio natural!
A delegación de Ferrol da SGHN organiza, baixo o patrocinio da Deputación da Coruña, a primeira saída ao medio dentro do seu programa “𝙊𝙪𝙩𝙤𝙣𝙤 𝙣𝙖𝙩𝙪𝙧𝙖𝙡𝙞𝙨𝙩𝙖”. Neste caso, trátase dunha 𝗮𝗰𝘁𝗶𝘃𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗻𝗼𝗰𝘁𝘂𝗿𝗻𝗮 𝗲𝗻 𝗘𝘀𝗺𝗲𝗹𝗹𝗲 (𝗙𝗲𝗿𝗿𝗼𝗹, 𝗔 𝗖𝗼𝗿𝘂ñ𝗮). Esta actividade gratuíta será co fin de observar a fauna nocturna, como son os…
