Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Os representantes do movemento ecoloxista non asistirán á reunión do COGAMADS
Os representantes de ADEGA, a Federación Ecoloxista Galega e a Sociedade Galega de Historia Natural, non asistirán á reunión do COGAMADS convocada para o venres 31, tras dous anos sen ter sido atendida a súa lexítima solicitude de que se debata no Consello acerca dos efectos ambientais dos numerosos proxectos…
Resume da 7ª Quedada no Museo (QnM)
Resume da 7ª QnM e adianto da seguinte do 24 de maio Tal como podemos ver no resume en PDF, nesta 7ª QnM tivemos a sorte de contar coa boa participación de Marta Pego Niño, alumna que realiza as súas prácticas do Grao de Bioloxía no MHNF. Marta estase a…
Xuntanzas naturalistas: Conservación herpetofauna ameazada
Dentro do ciclo Xuntanzas Naturalistas, dende a delegación de Ferrol da SGHN temos o gusto de anunciar a conferencia “Conservación da herpetofauna galega ameazada” a cargo de Martiño Cabana: Na conferencia falará sobre diferentes aspectos do estado de conservación dos anfibios e réptiles de Galicia, do Catálogo Galego de Especies…
A ampliación da Rede Natura galega non pode agardar máis
Manifesto ecoloxista Hoxe, Día Europeo da Rede Natura 2000, aproveitamos para reivindicar a protección efectiva da natureza. Porque esta rede de espazos naturais protexidos, creados ao amparo das directivas de Hábitats e de Aves, é imprescindible para que a biodiversidade europea teña unha oportunidade de futuro. Entidades ambientalistas e particulares…