Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Nosas terras. Noso futuro. Somos a #XeneraciónRestauración
Este é o lema de 2024 para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente que este ano céntrase na restauración das terras, a resiliencia á seca, a desertificación e a protección dos solos. Desde logo somos a #GeneraciónRestauración pero hoxe por hoxe é imprescindible a #XeneraciónConservación para procurar á conservación…
Resume da 8ª Quedada no Museo (QnM)
Resume da QnM-08 do pasado 24/05/2024 e adianto da seguinte do 7 de xuño Neste resume da 8ª QnM que compartimos, cómpre salientar que fomos quen de contar coa colaboración do biólogo mariño Carlos Brezmes Comesaña. Con el tivemos a ocasión de poñernos ao día sobre a importancia das coleccións…
As charcas como Recurso Educativo
Colaboración có IES Lagoa de Antela O 01/06/2024, nas xornadas do proxecto Refuxios desenvolvidas polo IES Lagoa de Antela programouse unha actividade divulgativa para docentes centrada nos pequenos humidais. Nas xornadas participaron o doutor en bioloxía Carlos Cabido da Sociedade de Ciencias de Aranzadi e o biólogo Ion Garin que…
Seguimos a celebrar o Día das Aves Migratorias
O mércores 29/05/2024 e dentro das actividades de celebración do Día das Aves Migratorias, a Delegación de Ourense da SGHN colaborou nunha Xornada de convivencia coa Asociación Dano Cerebral Adquirido e os Ecovixiantes de Franciscanas, coa participación da Aula da Natureza do Concello de Ourense. Ao longo de dúas horas,…