Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Centro Xeográfico de Galicia: outra desfeita ambiental e paisaxística
“Para mostra un botón” Galicia conserva aínda algunhas paisaxes marabillosas, poucos, pero excelentes, xa que por desgraza a tónica de destrución e o auxe do feísmo como modelo identitario foise apoderando de territorio desde a costa ás chairas litorais, para recrearse con saña nas montañas. Estas accións sitúan a Galicia…
Artrópodos de interese sanitario: conferencia no MHN
O vindeiro venres 18 de marzo ás 19:30 horas, terá lugar no salón de actos do Museo de Historia Natural (MHN) a conferencia da Dra. Isabel Silva Torres, investigadora en Entomoloxía Veterinaria. A charla, organizada polo MHN co patrocinio da Deputación da Coruña, levará como título “Artrópodos de interés sanitario:…
PXOM e espazos protexidos de Valdoviño
No concello de Valdoviño existen diversas e importantes áreas naturais protexidas por instrumentos internacionais e nacionais: Humidal Ramsar da Lagoa de Valdoviño, ZEC ES1110002 Costa Ártabra, ZEPA ES0000258 Costa de Ferrolterra–Valdoviño, ZEPA ES0000496 Ferrolterra-Valdoviño e Humidal Protexido da Lagoa e Areal de Valdoviño. Nestes espazos as normativas ambientais e as…
