Peza nova: Unha candorca no Museo de Historia Natural de Ferrol!

O Museo de Historia Natural da SGHN incorpora á súa colección de réplicas de cetáceos a escala real, a dunha candorca de preto de 6 m de lonxitude que foi moldeada a partir dun exemplar femia abeirado na costa de Burela o 5 de abril do ano 2002. Para a preparación desta peza o museo contou coa colaboración da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso.

Xunto a esta interesante réplica, presentarase tamén o esquelete do animal que recuperou e preparou polo persoal do museo.

O acto de presentación terá lugar o vindeiro martes día 9 de maio ás 19:30 h. A entrada será libre ata completar aforo. Esta presentación forma parte dos actos que a SGHN está a organizar en conmemoración do seu 50 aniversario.

As actividades do Museo de Historia Natural da SGHN están financiadas pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ferrol, polas cotas das persoas asociadas e as doazóns do público visitante.

Queres coñecer máis desta candorca? Visita as entradas anteriores da nosa web onde contabamos os comezos dos traballos, e viaxábamos no tempo achegando algunhas entradas e novas de prensa da época en https://sghn.org/orcinus-orca-linnaeus-1758/