Podas e talas brutais en A Derrasa

Á vista das podas e talas brutais nas marxes da estrada OU-536 ao seu paso pola Derrasa, SGHN-Delegación Ourense vense de dirixir ao Xefe do Departamento Territorial en Ourense da Axencia Galega de Infraestruturas (Poda tala A Derrasa), solicitándolle a seguinte información:

  • Copia íntegra do proxecto das actuacións.
  • Custe dos traballos, con indicación do financiamento e as administracións implicadas.
  • Xustificación técnica.
  • Identificación do funcionario responsable da aprobación das obras.