Presentación da obra “Nao cetácea”


A presentación da obra “Nao cetácea” terá lugar o vindeiro venres 6 de Xuño, ás 19:30 no auditorio do MHNF (Praza de Canido, Ferrol), coa presencia do propio autor, Xosé Iglesias e do editor, Editorial Canela.

Un libro de acuarelas realizadas por un patrón de pesca-mariñeiro galego, nas que os barcos se transforman nos seres que conforman o seu espírito, mesmo nos peixes que capturan. Unha homenaxe ao mar, aos devanceiros e aos mariñeiros que faenaron e traballan cada día nesta costa atlántica e cantábrica.

  • Divulga ti tamén!