A explotación construiríase nunha das zonas máis sensibles do Espacio incluido na Rede Natura 2000 e con 600 ha urbanizadas, ocupadas e transitadas, afectaría a fauna, flora xea dos cumios principais e os nacementos de dous ríos e as súas concas e a dúas lagoas glaciares relictas.
O proxecto é unha actuación especulativa gravemente lesiva para o medio natural e, polo tanto, non parece probable que se lle destinen fondos europeos dalgunha clase, nos que precisamente basea a súa viabilidade.
Ademais, dacordo co publicado, o proxecto non xeneraría beneficios suficientes nin para pagar o aluguer anual dos terreos sobre os que se pretende asentar. Actuacións como esta fanse posibles cando non existe, como no caso de Ourense e Galicia, unha Ordenación do Territorio nin plans para un desenvolvemento integral sostible. Que no Plano Estratéxico da Provincia de Ourense, encargado polo Instituto Ourensano de Desenvolvemento a empresa LKS Consultores S.Coop., indicase como una necesidade “a ordenación do territorio, co obxeto de lograr una ocupación máis racional e equilibrada do espacio” e asi mesmo preconizase “a creación dunha rede de espacios naturais protexidos.”
Polo devandito, a SGHN solicitou ó Ministerio de Medio Ambiente, ó Ministerio de Pesca y Alimentación e á Deputación Provincial de Ourense que ó amparo da normativa comunitaria e española vixente e no uso das atribucións que lle competen, a Deputación Provincial de Ourense, asegure a conservación íntegra deste espacio natural, impida a construcción de estradas e calquera outra obra lesiva a cargo do Plan Leader Plus, non destine subvencións ou axudas para a súa destrucción e rexeite esta iniciativa particular que, ó igual que outras e polas súas cuantiosas perdas económicas, acaban sempre “socializadas”, con cargo ós presupostos do Estado ou das Comunidades Autonómicas.
Para máis información véxase PDF Informe Esquí Trevinca.