Saída ao monte Xalo

O domingo 26 de abril, na Delegación das Mariñas realizamos unha nova saída, do programa acordado co Concello de Sada. Desta volta achegámonos a outro espazo senlleiro da comarca: O Monte Xalo.

A pesares da urbanización desregulada e as plantacións forestais, preserva esta contorna interesantes valores ambientais e culturais, aos que tentamos achegarnos nun breve percorrido de 7 Km.

A Pedra Mazafacha, o petróglifo no Coto das Bestas, O Altariño ou a ameazada braña do Caroliño (ameazada pola eucaliptización e máis o proxecto dunha Central de Bombeo), foron algúns dos pontos polos que transitamos.

  • Divulga ti tamén!